Alonso Montero, o primeiro académico contra Feijóo
Aínda que a Real Academia Galega (RAG) non fixo pública ningunha posición respecto da derrogación do decreto do galego no ensino -que eles apoiaron explicitamemnte-, algúns dos seus membros comezaron xa a amosar a súa postura. Deste xeito, Xesús Alonso Montero cualificou onte de "contradición" o propósito anunciado polo virtual novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de derrogar o decreto sobre a promoción do galego no ensino.
"A min estráñame, porque o famoso decreto do galego vén dunha lei que foi votada en consenso polo PP, PSOE e BNG, polo que creo que iso é unha "contradictio in términis"", comentou Alonso Montero, catedrático de literatura galega e membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.
Apuntou que a lexislación para a promoción do galego na educación xa foi adoptada durante o período en que a Xunta era gobernada por Manuel Fraga, o predecesor de Feijóo no liderado do PPdeG, e foi "votado unanimemente polos 3 partidos que estaban no Parlamento" de Galicia.
Montero, que onte acodiu á presentación da obra Antonio Machado na nosa voz, suxeriu que a política lingüística debe pór o acento na súa condición "persuasiva" e observou que a situación do galego non é tan sólida como a do catalán.
"Mal político é aquel que non coñece o punto de partida", comentou Montero, quen dixo non ser un nacionalista galego aínda que expresou a súa simpatía polo BNG por ser o "único" partido que "seriamente" está comprometido coa lingua galega
A ver si empiezas a ver lo que todo el mundo ve, una lei aprobada con fraga y un decreto aprobado por el soe , pp y bng, esos son hechos, lo demás ganas de hablar por hablar. Lo del pp es de una hipocresía brutal, comienzan la política lingüística y ahora se marcha atrás, es curioso.